Número de libros encontrados: 9
Marcopola 4. Avoa Power
O temible ladrón Blake the Tiger anda facendo das súas na Costa das Patacas. Alí chegan Marcopola, Libro e Dragoneta para axudar a Seara, a avoa de Libro, a resolver a desfeita...
Marcopola 3. Dragoneta!
Por fin o alquimista Brisgovius deu coa apócema máxica. Xa ten lista a beberaxe que fará da malvada Demoneta un ser invencible capaz de voar e de cuspir lume pola boca...
Marcopola 2. Os Piratas da Lúa
Nesta nova aventura MARCOPOLA e LIBRO coñecen os Piratas da Lúa, unha estrafalaria banda de mariños nocturnos moi amigos da festa rachada. Xuntos pasarano de marabilla, mais tamén haberán de enfrontarse ao malvado Almirante Cobreguiña e á súa desapiadada tripulación...
Marcopola 1. As orixes de Marcopola
MARCOPOLA, antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Todo cambiou aquela mañá en que un estraño obxecto apareceu na súa praia...
Mil cousas poden pasar. Libro II
Mil cousas poden pasar. Libro I rematou con Lina e Pouco na praia, falando, durmindo, bicándose e comendo mazás. Que aventuras correrán na viaxe de regreso a Nil? Como atoparán a súa vila? Que será do neno Propicio, do cocho Isaías, do río Inrique e de todos os demais? E o máis importante: que será de Hedión? Unha cousa pódese adiantar: fixo novos amigos, e xente boa non son...
Lois Pereiro. Breve encontro
Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011...
Mil cousas poden pasar. Libro I
Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009...